HomesociedadeComezan as obras da estrada provincial danada polas choivas en Ribas de...

Comezan as obras da estrada provincial danada polas choivas en Ribas de Sil

A Deputación de Lugo iniciou este luns as obras necesarias para reparar os danos provocados polas intensas choivas de principios deste mes na estrada LU-P-5303, á altura do concello de Ribas de Sil, no punto quilométrico 5,200, que sufriu un afundimento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno aprobou o pasado venres a declaración de emerxencia dos traballos para poder acometelos con maior axilidade. A institución provincial inicia así as actuacións, que requiren dun investimento de 85.000€ e teñen un prazo de execución de dous meses.

As obras consisten na restitución do sostemento da estrada como consecuencia do colapso do muro e a pavimentación con aglomerado en quente do firme da zona afectada. A empresa encargada é Excavaciones Goni, a adxudicataria do contrato de conservación das estradas provinciais nesta zona da provincia.

A vía continuará cortada ao tráfico por seguridade, con desvíos alternativos debidamente sinalizados, ata a finalización das obras.

ÚLTIMAS

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...

Decoracións de Nadal no rural de Pantón

Dende o pasado sábado 13 de decembro, e ata pasar Reis, pódense ver as...