HomesociedadeUn home de Sarria enfróntase a un ano de prisión por acosar...

Un home de Sarria enfróntase a un ano de prisión por acosar a unha muller a través das redes sociais e pola rúa

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo acollerá este xoves a vista oral contra un home acusado de acosar, a través das redes sociais e en diferentes espazos da vía pública, a unha muller no municipio de Sarria entre os meses de xaneiro e marzo de 2021.

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

De acordo ao recolleito no escrito de acusación, o presunto autor entrou en contacto coa vítima a través da rede social Facebook, desde onde a instou a un encontro que a muller declinou. Nos días sucesivos, segundo o relato do Ministerio Fiscal, o imputado repetiu o procedemento de maneira “insistente e reiterada a pesar de ser consciente do rexeitamento e malestar que producía a súa conduta”.

Co transcurso das semanas as presuntas manobras de acoso trasladáronse á vía pública, onde o acusado perseguiu á muller ao longo de diferentes días en distintos lugares do municipio, chegando mesmo a realizar o devandito seguimento instalado nas inmediacións do seu domicilio. “Unha intensa sensación de medo” levou a vítima a formular a denuncia. A Fiscalía pide agora para o acusado unha pena dun ano de prisión e a prohibición de aproximarse á vítima a unha distancia inferior a 200 metros e de comunicarse con ela por calquera medio nun prazo de dous anos como suposto autor dun delito de acoso persoal.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...