HomesociedadeNa Pobra do Brollón vaise de tapas desde este 1 de decembro...

Na Pobra do Brollón vaise de tapas desde este 1 de decembro ata o día 8

Este venres comeza na Pobra do Brollón a edición XIV do Concurso de Tapas da Guimaralia. Ata o día 8 poderanse probar as propostas dos seis bares participantes e entrar nun sorteo votando pola tapa favorita.

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

Catro locais participan na propia Pobra do Brollón: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e Bar Pirata. Fóra da capitalidade, participan A Salanova en Salcedo e mais O Fogón en Cereixa.

Este ano mantense a novidade incorporada na edición anterior que obriga a incluír en cada tapa ao menos un ingrediente dalgún produtor local do municipio da Pobra do Brollón. O ingrediente debe ir explicitado no nome do pincho.

As propostas foron catadas previamente por Suso Pereiro, profesional da hostalería, co afán de asesorar e perfilar a tapa final. Pereiro valora positivamente o conxunto de propostas: “O nivel das tapas aumentou moito nos últimos anos, incluso dende hai dous anos cando fun tamén catador. Nesta edición hai unha alta calidade de todas as propostas, sen grandes diferenzas de nivel”.

A elección do primeiro, segundo e terceiro premio será, coma sempre, por votación popular. Cada votante debe elixir a súa tapa favorita nunha tarxeta de voto debidamente selada por todos os bares participantes. Os participantes entrarán nun sorteo dunha noite con circuíto termal no Hotel Iberik Augas Santas de Ferreira de Pantón.

As tapas do concurso teñen un prezo único de 1,50€. Pódense probar do 1 ao 8 de decembro en horario de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 22:00 horas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...