HomesociedadeQue pasa no centro de saúde de Chantada?

Que pasa no centro de saúde de Chantada?

O centro de saúde de Chantada estaba sendo atendido inicialmente por 6 facultativos máis pediatría. Dun tempo a esta parte chegou a haber un único médico. “En Chantada necesitamos, como mínimo, 5 médicos para atender á poboación do municipio, así llo traslado á Consellería e ao xerente da área sanitaria, Ramón Ares, tal e como se acordou en pleno”, asegura o alcalde de Chantada. A comezos de novembro, a Xerencia aseguráballe ao alcalde que o centro de saúde contaba novamente con 5 médicos, se ben un dos profesionais estaba de vacacións e incorporaríase neste mes de decembro.

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

O Concello de Chantada acordaba, no pleno celebrado en setembro, que o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, reclamara á Consellería de Sanidade e á Xerencia da Área Sanitaria, a cobertura dos postos do centro de saúde que estaban descubertos; a dotación dun segundo equipo para o PAC e a ampliación do servizo de HADO.

A moción da oposición era respaldada polo equipo de goberno e aprobada por unanimidade, deixando de manifesto a vontade dos grupos por acadar esas melloras sanitarias necesarias para o Concello de Chantada, que o equipo de goberno xa viña reclamando desde o Concello, agora co respaldo de todos os grupos que facultaban ao alcalde para estas xestións.

Manuel Lorenzo Varela insiste en que “son moi consciente do problema que temos no centro de saúde, ningún alcalde e ningún equipo de goberno quere que os seus veciños/as carezan de atención sanitaria. A semana pasada Ramón Ares volvíame confirmar que no centro tiña que haber 4 médicos e o que se incorporaría en decembro”.

A realidade é que nas últimas dúas semanas no centro de saúde só hai dous médicos, aínda que puntualmente hai 4 porque veñen a cubrir esas prazas, pero iso “é non estar cuberto ao haber dificultades para ter os profesinais necesarios”, asegura o alcalde. Mentres desde o Sergas afirman que se fai todo o posible por cubrir as prazas vacantes, pero non hai facultativos nas listas de contratación e utilízanse alternativas provisionais. “E isto pasa nos concellos de todas as cores políticas, non só nos do PP”, lembra o alcalde.

Todos os grupos do Concello de Chantada coinciden na necesidade de máis médicos como quedou demostrado na moción aprobada por unanimidade. “Neste caso todos remamos na mesma dirección e cada iniciativa e reivindicación que axude a conseguir o que necesitamos é benvida. O que non se entende e non busca solucións é acusarme de non querer firmar un documento para o que ninguén me pediu a firma ou culpar ao concello de non respaldar estas demandas por non acudir a unha concentración”, conclúe o alcalde de Chantada.

ÚLTIMAS

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...