HomesociedadeRibeira Sacra prepárase para unha das mellores Pontes da Constitución cunha ocupación...

Ribeira Sacra prepárase para unha das mellores Pontes da Constitución cunha ocupación do 74%

Cos datos recollidos ata o de agora, se as previsións se manteñen, a ocupación será dun 16% máis que no ano pasado, segundo informan desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

A previsión de ocupación para a Ponte da Constitución na Ribeira Sacra, desde este mércores, 6 de decembro, ata o domingo, 10 de decembro, é do 74%. Nos Hoteis de 4 e 5 estrelas darase a ocupación máis alta, do 85,38%; en Turismo Rural será do 68,40%; do 70% nas Vivendas Turísticas e de Uso Turístico e no Resto de aloxamentos do 71,40%.

A categoría de aloxamento que máis aumenta as previsións de ocupación con respecto ao 2022 é o turismo rural, con 20 puntos máis, seguido dos hoteis de maior categoría, con 10 puntos máis.

“A ocupación esperada é unha das máis altas dende que temos rexistros, só superada polo ano récord en Ribeira Sacra, o 2019, pero novamente temos que sinalar que o número de prazas sobre o que se estima a ocupación é moito maior agora”, sinalan desde o Consorcio de Turismo.

Cos datos recollidos ata o de agora, supéranse as previsións de ocupación que os responsables dos aloxamentos tiñan a finais de outubro, aínda que baixan lixeiramente en días laborais con respecto ao 2022.

Para decembro a previsión de ocupación nas fins de semana e festivos atópase nestes momentos preto do 60%. Desde o Consorcio de Turismo destacan, “É importante resaltar que moitos aloxamentos rematan tempada a partir da Ponte da Constitución e non reabrirán, previsiblemente, ata finais de febreiro ou principios de marzo”.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...