HomesociedadeO sorprendente dúo 'La Mosca Valiente' actuará en Quiroga

O sorprendente dúo ‘La Mosca Valiente’ actuará en Quiroga

Unha guitarra e unha batería chéganlles para tocar temas de 8 ou 9 estilos diferentes enriba do escenario. O concerto terá lugar o venres 8 de decembro ás 23:30 h. no Ruxe-Ruxe de Quiroga e non deixará a ninguén indiferente.

Publicado o

- Advertisement -

Aproveitando a ponte de decembro, a xerencia do quirogués Ruxe-Ruxe organiza un concerto para ambientar o local e pasar unha noite de festa gozando de boa música grazas a La Mosca Valiente, unha formación que está a sorprender dende hai uns anos polo seu xeito de interpretar e combinar estilos musicais.

Que caracteriza a este duo pontevedrés? O que máis é que leva ao límite o formato acústico. Dous grandes músicos, Marcos e Rodrigo, fan vibrar ao público e sorprenden cunha proposta orixinal, moi tola e fóra do común. Un espectáculo difícil, por non dicir imposible, de atopar en grupos de versións a nivel de Galicia. Cun repertorio ecléctico, e no que abranguen cancións de onte, hoxe e sempre, La Mosca Valiente promete festa rachada.

Aseguran non ser capaces de etiquetarse e din: “Chamámolo ‘wrestling music’ porque nun concerto podemos chegar a tocar temas de 8 ou 9 estilos diferentes”.

O concerto no Ruxe-Ruxe será o venres 8 de decembro ás 23:30 h.

Restaurante Ruxe-Ruxe. Foto: Chery.

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...