HomesociedadeA Asociación Veciñal do Saviñao quere humanizar o espazo entre a biblioteca...

A Asociación Veciñal do Saviñao quere humanizar o espazo entre a biblioteca e o auditorio

A Asociación demanda convertelo en espazo público de reunión e para utilizar en pequenos actos culturais ó aire libre.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde a Asociación Veciñal do Saviñao aseguran, que tal e como se acordara na última reunión mantida co Alcalde, a asociación presentaría propostas concretas para humanizar o espazo entre a Biblioteca e o Auditorio de Escairón, co obxectivo de converter esa área en praza.

A Asociación considera que este espazo público está infrautilizado e pechado e propoñen diferentes actuacións: a retirada do peche de forxa para convertelo en espazo aberto, apertura do cancelo de aceso que está permanentemente pechado, colocar bancos e mesas móbiles para facilitar o multiuso, conectividade para acceso de medios de imaxe e son, adecentamento da pérgola do auditorio ou a súa retirada polo mal estado no que se atopa, pintar un mural no edificio da caldeira da calefacción, dotar o espazo de dous puntos de luz e facer unha limpeza periódica que garanta o mantemento deste espazo.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...