HomesociedadeXa se pode visitar o Belén do Concello de Monforte

Xa se pode visitar o Belén do Concello de Monforte

Foi elaborado polo artista J. Antonio Dávila e inaugurouse días atrás coa presenza da concelleira de Cultura, Marina Doutón, e do técnico de Cultura, Carlos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Belén, que está instalado na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, poderase visitar ata o 10 de xaneiro de 2024.

Trátase dun Belén Galego de 10 m2 con máis de 20 figuras de diferentes tamaños, realizadas e pintadas a man que amosa diferentes escenas e no que aparecen personaxes relacionadas co Nacemento do neno Xesús: a Anunciación, o propio Nacemento, a visita dos Reis Magos a camelo e dos pastores, comerciantes, soldados romanos, animais, así como gaiteiros e bailaríns. Tamén conta con toda clase de edificacións tales como o castelo de Herodes, a pousada, o forno, a ferrería, ou o propio Portal do Nacemento, e destacan este ano a instalación de casas típicas e pallozas.

A montaxe, ideada por J. Antonio Dávila, ten efectos de luz e de cor que simulan o día e a noite, así coma fontes e unha fervenza de auga.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...