HomesociedadeMercadiño solidario no Club Fluvial de Monforte

Mercadiño solidario no Club Fluvial de Monforte

Será o vindeiro 23 de decembro, entre as 11 e as 20:00 h., e organizado polo Colectivo Vermut, un colectivo de recente creación formado por xente que, segundo din: “comparten as ganas de desenvolver actividades culturais en Monforte”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha nova proposta de lecer e participación socio-cultural chega para encher a axenda nestas datas que nos achegan ao Nadal. Trátase dun mercadiño solidario que se fará nas instalación do Club Fluvial monfortino e que organiza a entidade ‘Colectivo Vermut’, un grupo de xente con inquedanzas de dinamización social e cultural en Monforte de Lemos.

Contarán con máis de 20 postos de artesanía, decoración, libros, roupa de segunda man, tortas, tatuaxes, etc; un obradoiro de adornos de Nadal con Trasnos Ocio, o contacontos “O misterio do tulipán” a cargo de Yolanda Álvarez, e a visita de Papá Noel. As actividades son de balde e para poder ver a Papá Noel cómpre inscribirse antes a través das redes sociais de Colectivo Vermut e Club Fluvial de Monforte.


Os cartos recadados pola organización coas entradas (1 euro de donativo, menores de 16 de balde) e cos expositores (donativo de 3€ por participante) serán integramente doados a varias asociacións de carácter asistencial que ofrecen os seus servizos en Monforte: Cruz Vermella, Auxilia, Ruliños, AFAMON (confirmados). Ademais, o recadado pola comida e bebida servida por Colectivo Vermut tamén se doará integramente ás asociacións beneficiarias.

A maiores, tamén está programado un Bingo Solidario co obxectivo de recadar fondos para a asociación Harit Gambia, un centro de acollida e escolarización de nenos sen recursos familiares en Lamin, Gambia. Todos os premios que se entregarán serán doazóns feitas por empresas e profesionais da zona. Haberá de todo, dende libros, viño, galletas… ata unha cea para dous, un forfait ou un circuíto termal.

O mercadiño estará amenizado por artistas e bandas locais que colaboran de maneira gratuíta co evento: Penny Lane, Sara Burgo, Peitoescuro, La Toña Jackson DJ.

PROGRAMA / HORARIOS

11h-13h Visita de Papá Noel.

11:30h Obradoiro infantil de adornos de Nadal con Trasnos Ocio.

12h Sesión vermut con La Toña Jackson DJ.

16h Bingo solidario.

17h Contacontos “O misterio do tulipán” con Yolanda Álvarez.

18h Música en directo con Peitoescuro, Sara Burgo e Penny Lane.

ÚLTIMAS

O Concello de Castro Caldelas solidarízase coas preocupacións dos gandeiros

Os gandeiros de Castro Caldelas, ao igual que moitos outros por toda Galicia, seguen...

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...