HomesociedadeO Parque de Bombeiros de Chantada, pechado todo este mércores

O Parque de Bombeiros de Chantada, pechado todo este mércores

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque de Bombeiros de Chantada permanecerá pechado este mércores debido á ausencia dun traballador previsto nos servizos mínimos. Volverá prestar servizo o xoves ás 9.00 horas.

Publicado o

POR
editor
- Advertisement -

Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque de Bombeiros de Chantada permanecerá pechado este mércores debido á ausencia dun traballador previsto nos servizos mínimos. Nun comunicado, a Deputación lucense explicou que dos tres efectivos esperados para cubrir os servizos mínimos deste parque, un deles “non se presentou ao posto de traballo”.

O Consorcio tentou mobilizar a outro traballador, pero non foi posible, xa que o único dispoñible atopábase no parque de Sarria e decidiu secundar a folga no momento no que “lle foi comunicada tal posibilidade”. Así, activaron o retén designado para Chantada a través dunha mensaxe certificada, pouco despois das 9.00 horas, pero “tampouco se presentou a traballar”.

Por tanto, ao non cumprir os servizos mínimos neste parque e ao priorizar os que dan servizo a unha zona de cobertura máis ampla, desprazaron aos dous traballadores de Chantada, un para Vilalba e outro para Monforte. O Parque de Chantada non prestará servizo ata o xoves ás 9.00 horas.

ÚLTIMAS

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...

O viños da Ribera Sacra na Barcelona Wine Week do 2 ao 4 de febreiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará por segundo ano consecutivo...

Do 2 ao 13 de febreiro Monforte convoca concurso de axudas para a confección de traxes medievais

O Concello ten solicitado a declaración de Feira de Interese Turístico Galego para esta...