HomesociedadeAberto o Mercado de Nadal da Praza de Abastos de Monforte

Aberto o Mercado de Nadal da Praza de Abastos de Monforte

O Mercado de Nadal de Monforte abre as súas portas na Praza de Abastos este venres, 22 de decembro, con continuidade o sábado 23, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas. A vindeira fin de semana, días 29 e 30 de decembro, seguirá o mercado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No Mercado de Nadal, o visitante pode atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía navideña, a oferta de artesáns, complementos, cosmética, madeira, bixutería, moda, entre outras disciplinas artísticas, ademais dun amplo abanico de produtos gastronómicos gourmet e de produtores locais de alta calidade. Esta fin de semana, o Mercado de Nadal contará con 13 expositores.

O mercado acolle actividades complementarias, este venres pola mañá celebrouse un obradoiro de cestaría. Pola tarde, ás 18:30 horas, terá lugar o Obradoiro de cociña/Showcooking Navideño no Espazo gastronómico da Praza, que aportará ideas de menús navideños coa elaboración de catro tapas diferentes a cargo do chef Manuel Rodríguez: “Mejillones con langostinos y setas en escabeche casero”, “Aguacate con pico de gallo mexicano y tartas de gamba arrocera”, “Taco de merluza con nabizas y panceta curada” e “Solomillo de cerdo duroc con crema de patata y tierra de setas de temporada”.

As persoas interesadas poden acudir directamente no horario entre 18:30 e 20:30 ao espazo gastronómico da praza de Abastos onde poderán degustar e aprender novas ideas para os menús navideños que ademáis de maridalos con Viños da Ribeira Sacra.

O sábado 23, visitará Papá Noel a Praza de Abastos en dous pases, un pola mañá de 12:00 a 14:00 e outro pola tarde de 17:30 a 20:30. A súa Trona estará ubicada nas instalacións do Mercado, e dende ela atenderá ós nenos e nenas que se acheguen a visitalo.

Papá Noel. Foto: Hípica Celta.

Concertos no Cardenal

Cada fin de semana, e como complemento e colofón a este Mercado de Nadal, terán lugar concertos nun escenario ubicado na rúa Cardenal, que animarán ás rúas comerciais e os negocios de hostalería. O sábado 23, a partir das 20:00 horas, actuará o grupo monfortino Doc Magoo’s  e o sábado 30 á mesma hora, Malenne.

O alcalde anima “a todos os monfortinos e ás persoas que nos visiten estes días, que acudan ó noso Mercado de Nadal, que aposten por mercar no comercio local e disfruten da nosa hostalería, e participen neste completo programa de actividades que desenvolveremos na Praza de Abastos e na rúa do Cardenal”.

MERCADO DO 29 E 30 DE DECEMBRO

Venres 29 de decembro

  • 12:00 h.- Obradoiro de decoración de calcetíns navideños personalizados.
  • 18:30 h.- ContacontosUn saco de contos” con María da Pontragha. Espectáculo de contos e historias da nosa cultura e tradición. María da Pontragha é educadora e antropóloga, dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en si. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose en todo o que rodea a oralidade. Co seu espectáculo Un saco de contos trae a Monforte contos e cancións de tradición oral para crianzas. Historias que beben da nosa herdanza cultural e coas que sementará as leiriñas das familias para que medren vizosas.
María da Pontragha. Foto: Charlatana

Sábado 30 de decembro

  • 12:00 h.- Obradoiro de personalización e pintado de Bolas de Nadal a cargo do artesá Noe.
  • 18:30 h.- Espectáculo de maxiaWhy Not?2.0?” con Samuel Moreno, artista de Tomiño con gran talento e que chegou a semifinais de “Got Talent España” na edición do 2018. Ata este momento actuaba en eventos privados pero a partir dese ano despega actuando en diferentes eventos e locais de toda España.
  • En Why Not? 2.0? Samuel mestura maxia con música, tecnoloxía e humor. Diversión e interacción cos asistentes para achegar o ilusionismo a maiores e pequenos nun espectáculo ideal para público familiar.
  • 20:00 h.- Actuación musical na rúa Cardenal a cargo do grupo monfortino Malenne.

ÚLTIMAS

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...