HomesociedadePanadaría Pallares gaña o concurso de escaparates de Sarria

Panadaría Pallares gaña o concurso de escaparates de Sarria

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (ACES) entregou este mércores pola mañá o premio do concurso de escaparates diante do comercio gañador.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concurso de escaparates da campaña de Nadal no comercio de Sarria desenvolveuse entre os días 19 e 26 de decembro. Durante esas xornadas os escaparates competiron nas redes sociais de ACES.

Participaron cos seus escaparates: “Brissa Salon, Farmacia Rivas, Mercería Sarillo, Trece Tablas Store, Zaida moda infantil, Colorín Colorado, Joyería Díaz, Moncho Moda, Calzados Gayoso, Dos Ruedas, Panadería Pallares, Vilamey Complementos, Herboristería Linva, Cris Abad, Dimar Moda e Duet Moda.”. 

Os escaparates que máis “Me gusta” lograron foron os da Panadería Pallares, un total de 112 seguido do escaparate do comercio “Calzados Gayoso”, e en terceiro lugar o de “Brissa Salón”

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...