HomesociedadeO concello limpa as marxes do río Cabe ao seu paso pola...

O concello limpa as marxes do río Cabe ao seu paso pola cidade

O concello de Monforte está a desenvolver a limpeza integral das marxes do río Cabe, ó seu paso polo centro urbano da cidade. Con esta limpeza búscase favorecer e mellorar a capacidade hidráulica nunha área con risco de inundacións e diminuír o risco de afeccións a infraestruturas, como son escolleras de protección, pasarelas peonís, ou as pontes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde destaca especialmente os traballos de limpeza que se están desenvolvendo no cauce da desembocadura do río Malloadas, actuación na que está incluída a retirada dun chopo que estaba ubicado no medio do cauce. Tamén se está levando a cabo nestes días a limpeza da desembocadura da Lagoa do Parque dos Condes.

Procédese á retirada de ramas e troncos que se acumulan en determinados puntos das marxes e á retirada de vexetación leñosa e herbácea que crece ás beiras do río. A retirada desta vexetación, formada principalmente por agrupacións de Typha sp., é debido a que propician a sedimentación e colmatación do cauce, reducindo a súa capacidade hidráulica. Por este motivo, procedeuse a súa extracción por medios mecánicos.

Actúase tamén no caso da vexetación leñosa de porte arbóreo, coa que se procedeu ao apeo, desramado, tronzado e retirada, sobre todo, en zonas en que pode afectar ás estruturas comentadas, co fin de que non as deterioren.

“Con esta importante obra de limpeza, de cara á poboación melloramos o uso social do río, á vez que reducimos o risco de afección sobre infraestruturas, especialmente escolleras e pasarelas.”, conclúe o rexedor monfortino.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...