HomesociedadeA Xunta remata tres pasteiros en Triacastela cun investimento de 242.405€

A Xunta remata tres pasteiros en Triacastela cun investimento de 242.405€

A Xunta investiu un total de 242.405,97 euros para a creación de tres pasteiros no municipio de Triacastela, concretamente nos montes veciñais de man común da Balsa e San Breixo, na parroquia da Balsa; e Cancelo, na parroquia homónima.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou a zona para supervisar o fin das actuacións, enmarcadas no Plan de Pastos de Galicia, acompañado pola alcaldesa da localidade, Olga Iglesias.

Os pasteiros abranguen unha superficie total de 26,76 hectáreas, correspondentes a 9,86 ao da Balsa, 9,89 ao de San Beixo e 7,01 ao de Cancelo. Para a súa posta en marcha leváronse a cabo traballos no terreo, entre eles de roza, pases de grada pesada, retirada de pedras, fertilización e sementeira, entre outras. Ademais, construíuse un peche de 500 metros, no caso de Cancelo, e de 2.133 metros lineais, na Balsa, con postes de madeira de castiñeiro. Ademais, no de San Breixo acometeuse o arranxo en 905 metros dun camiño e colocouse unha manga de manexo móbil.

O principal obxectivo é fomentar a gandaría en extensivo na zona, ao mesmo tempo que tamén se actúa na prevención de incendios forestais coa actividade de pastoreo.

Neste senso, búscase promover un mellor aproveitamento dos recursos naturais para traballar na anticipación aos incendios forestais e, sobre todo, garantir a rendibilidade das explotacións, ao facilitarlles máis base territorial e proporcionarlles novas ferramentas para xerar oportunidades de riqueza no rural.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...