HomesociedadeO colexio de Sober case duplica en 13 anos o alumnado e...

O colexio de Sober case duplica en 13 anos o alumnado e fará importantes melloras no 2024

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e a concelleira Raquel Arias mantiveron unha xuntanza de traballo coa ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme na que fixeron balance dos investimentos levados a cabo no centro e das obras previstas para o ano que vén de comezar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober recibiu máis de 530.000, grazas ás axudas da Xunta de Galicia, euros entre 2009 e 2022. Os investimentos destináronse a melloras como o sistema de calefacción, o arranxo da instalación eléctrica, acceso e reformas en diferentes instalacións, obras no polideportivo, creación dun parque infantil, a ampliación do comedor e o almacén, a reforma do salón de actos e melloras na eficiencia enerxética, entre outras.

De cara a este ano 2024 está previsto acometer novas obras de mellora e acondicionamento, entre elas a reforma da cuberta do ximnasio e as baixantes e canalóns de todo o edificio.

O Colexio participa nunha serie de proxectos, cos que colabora tamén o goberno local, como son o PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), radio na biblioteca, biblioteca creativa, club de lectura e programa de voluntariado.

O colexio case duplicou o número de alumnos nos últimos anos, pasando de 39 en 2010 a case 70 no curso actual.

ÚLTIMAS

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...