HomesociedadeO parque de Bombeiros de Chantada pechado de novo por falta de...

O parque de Bombeiros de Chantada pechado de novo por falta de efectivos ante a folga

Non volverá prestar servizo ata este venres ás 9.00 horas.

Publicado o

POR
editor
- Advertisement -

Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou que parque de Bombeiros de Chantada está pechado, como xa pasou o luns, ata este venres por falta de efectivos previstos nos servizos mínimos. Segundo detallou a Deputación de Lugo nun comunicado, dos tres efectivos que son necesarios para cumprir cos servizos mínimos, este xoves só se presentaron a traballar dous dos profesionais en cada un dos parques de Chantada, Barreriros e Vilalba.

En Sarria, dos catro traballadores que estaban previstos que cubrisen a xornada laboral, un deles secundou a folga. “O Consorcio tentou mobilizar desde outras bases, pero non foi posible porque todas cobren os servizos mínimos”, detallou o goberno provincial. Así, avisados a través de comunicación certificada o retén designados no cuadrante para os diferentes parques, “tampouco se presentaron”.

Ante esta situación o Consorcio decidiu recolocar aos dous efectivos de Chantada uno no parque de Vilalba, onde desprazouse co vehículo de altura, e o outro ao de Barreiros. O parque de Bombeiros de Chantada non prestará servizo ata este venres ás 9.00 horas.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...