HomesociedadeO Parque de Bombeiros de Chantada sen servizo ata este luns ás...

O Parque de Bombeiros de Chantada sen servizo ata este luns ás 9:00h

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o parque de Bombeiros de Chantada permanecerá pechado ata este luns por falta de efectivos previstos nos servizos mínimos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo trasladou a Deputación de Lugo nun comunicado, do tres efectivos que son necesarios para cumprir cos servizos mínimos, este domingo presentáronse a traballar dous efectivos, xa que un deles non acudiu ao seu posto “sen xustificación algunha”.

Ante esta situación, o Consorcio tratou de mobilizar profesionais doutras bases pero, tal e como detalla, non foi posible porque todas cobren os servizos mínimos. Ademais, asegura que foron avisados mediante comunicación certificada os reténs designados no cuadrante para os diferentes parques, que tampouco se presentaron.

Así, o Consorcio provincial decidiu recolocar aos dous efectivos de Chantada no parque de Monforte de Lemos, desde onde atenderán as posibles incidencias.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...