HomesociedadeO matadoiro móbil da Xunta comezará a funcionar o 19 de xaneiro...

O matadoiro móbil da Xunta comezará a funcionar o 19 de xaneiro e almacenará a carne en Chantada

Haberá unha unidade móbil con zona de sacrificio e frigorífico, e unha instalación fixa en Chantada para almacenar as pezas en cámaras frigoríficas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os gandeiros interesados en facer uso do servizo do matadoiro móbil de gando ovino, cabrún e porcino posto en marcha pola Xunta poderán solicitalo a partir do vindeiro luns día 15 deste mes de xaneiro. Para encargar esta prestación, deberán chamar ao número de teléfono 982 251 201, que estará operativo a partir desa data.

Tendo en conta esas demandas, organizaranse as rutas do matadoiro. O obxectivo é mellorar a xestión e a rendibilidade de moitas explotacións gandeiras de pequeno tamaño de zonas afastadas de grandes núcleos de poboación e situadas a distancia dos matadoiros convencionais.

Segundo o cronograma de traballo, o matadoiro estará plenamente operativo a partir do vindeiro día 19 de xaneiro. Nas próximas dúas semanas completarase a actual etapa de formación do persoal e de axustes técnicos, necesaria para a súa posta en marcha, e levaranse a cabo as primeiras probas en explotacións.

O matadoiro facilitará o sacrificio de ovellas, cabras e porcos -neste caso especialmente das explotacións de porco celta-, nesas zonas afastadas ou de montaña, optimizando así a xestión destas explotacións ao reducir os custos de transporte do gando e mellorando ao tempo a calidade da carne e o benestar animal.

Os prezos do servizo oscilan entre os 10 euros para animais ovinos e cabrúns menores dun ano (contabilizando só o sacrificio e a preparación do canal) ata os 50 euros para os porcos, no caso de incluír tamén o almacenamento e transporte a punto de distribución.

Matadoiro móbil / Consellería do Medio Rural

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...