HomesociedadeO 29 de xaneiro comeza en Chantada a formación "Galegas Dixitais"

O 29 de xaneiro comeza en Chantada a formación “Galegas Dixitais”

As mulleres interesadas poden inscribirse na oficina de servizos sociais do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto formativo, Galegas Dixitais, está financiado pola Unión Europea NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Os obxectivos do programa que rematará coa entrega de título oficial acreditativo da formación e co regalo dun ordenador portátil a cada participante, son:

  • Mellorar as capacidades dixitais de mulleres residentes en zonas rurais preferentemente desempregadas.
  • Incrementar o seu nivel de empregabilidade.
  • Impulsar o emprendemento e o desenvolvemento rural.
  • Reducir a fenda de xénero

No Concello de Chantada a formación, de 120 horas de duración, comezará o 29  de xaneiro na aula de informática do telecentro e as mulleres interesadas poden inscribirse na oficina de servizos sociais do Concello.

A formación é gratuíta e estará impartida por expertos docentes que promoverán un itinerario formativo deseñado para ir avanzando dende un nivel básico de competencias dixitais ata un nivel avanzado que permita coñecementos das novas tecnoloxías e maiores posibilidades de empregabilidade ou o emprendemento.

Entre os contidos verase: Navegación, configuración e navegadores, Procura de información: os buscadores; Nocións básicas de seguridade informática, Creación e edición de contidos dixitais, Técnicas avanzadas de procura de información, Almacenamento de contido na nube; Uso básico de redes sociais; Recursos tecnolóxicos necesarios para o desenvolvemento da idea de negocio a emprender; Adquisición de bens, produtos e servizos a través de webs e plataformas de comercio electrónico,…

ÚLTIMAS

Agroma Sober denuncia o estado da vía de Sober a Canaval “a unha semana da Feira do Viño”

A vía provincial Sober- Canaval (LU-P-5901) presenta dende hai anos problemas estruturais de deterioro...

Unanimidade na demanda de rehabilitación urxente da N-540 entre Lugo e Ourense

Mentres as persoas usuarias da N-540 se mobilizan reclamando solucións, o BNG segue coa...

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin...

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...