HomesociedadeMonforte acolle o 18 de xaneiro o Foro para Impulsar o Desenvolvemento...

Monforte acolle o 18 de xaneiro o Foro para Impulsar o Desenvolvemento Empresarial da Provincia de Lugo

O Presidente, José Tomé Roca, xunto ao Secretario Xeral da Confederación de Empresarios de Lugo, Jaime López Vázquez, presentou esta nova iniciativa de colaboración, que reunirá a relatores de referencia no ámbito das infraestruturas, a industria no rural, e o impacto demográfico dos proxectos empresariais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Foro para Impulsar o Desenvolvemento Empresarial da Provincia de Lugo terá lugar o vindeiro xoves, 18 de xaneiro, a partir das 10:00 horas, no Centro do Viño da Ribeira Sacra. “Un foro no que contaremos con relatores de referencia para abordar o que xa se está facendo e os retos de futuro en tres ámbitos: infraestruturas, en canto á creación de polos industriais no rural, e no relativo a proxectos empresariais e o seu impacto demográfico”, explica José Tomé.

“Os servizos públicos e o emprego son os dous factores esenciais para fixar poboación, para que a xente se quede a vivir no rural”, valorou José Tomé, para quen a creación de emprego pasa por “apoiar ao tecido produtivo que xa está implantado no territorio para que sexa máis forte, máis competitivo e máis produtivo, e, ao mesmo tempo, temos que ser capaces de atraer novas inversións empresariais e proxectos industriais”.

Neste sentido, o Presidente sinalou que na Deputación de Lugo “témolo claro”, “levamos moito tempo traballando nesta liña de apoio aos sectores produtivos, nomeadamente, o primario, no que somos unha auténtica potencia, e o do turismo, de calidade e sostible-, que ten unha gran capacidade para xerar riqueza no rural”. Un modelo que o tamén Alcalde de Monforte aplica no seu concello co asentamento de Kern Pharma e o Centro de Ciberseguridade de Renfe, ademais de facer unha aposta “moi importante” polo polígono industrial.

O Foro para Impulsar o Desenvolvemento Empresarial da Provincia de Lugo servirá, explicou o Presidente, “para potenciar esta liña de traballo”, en colaboración coa CEL. “Xuntamos así esforzos entre o público e o privado para fomentar a actividade empresarial na nosa provincia, para atraer novos proxectos industriais que contribúan ao equilibrio territorial, a un crecemento sostible, e á creación de emprego de calidade, que fixe poboación no territorio”.

Pola súa banda, Jaime López sinalou que “Monforte é o nó loxístico de Galicia” e nese sentido apuntou a vontade dos empresarios de colaborar co Concello monfortino na súa labor de converter esta cidade nun polo de desenvolvemento industrial. Falou da necesidade de impulsar infraestruturas “da rede básica” como o Porto Seco, da que lamentou o seu estado de “abandono” por parte de quen capitaliza ese proxecto.

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...

Morre a avoa de Galicia, natural de Sober, aos 111 anos

Lola da Pena cumprira 111 anos o pasado 23 de maio, o que a...

O alcalde de Taboada, Roi Rigueira, reelexido secretario xeral dos socialistas

O PSdeG-PSOE de Taboada celebrou a súa asemblea local, na que foi reelixido como...

Segredos de Pantón organiza o roteiro ‘No Deade dos séculos XVIII e XIX’

A asociación cultural Segredos de Pantón retoma a actividade cultural coa organización dunha andaina...