HomesociedadeA XLI Feira do Viño de Chantada presenta o seu cartel

A XLI Feira do Viño de Chantada presenta o seu cartel

A XLI Feira do Viño de Chantada celebrarase os días 8, 9 e 10 de marzo. Será, un ano máis, a cita encargada de abrir as feiras do viño na D.O. Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O cartel deste ano é obra do artista multidisciplinar, Juan José Lomarti, que ten unha fonda vinculación con Chantada e coa súa Feira do Viño, da que xa leva feito moitos carteis para anunciar este encontro festivo co viño da subzona de Chantada, “confían en min para facer o cartel que anuncia a Feira e para min é unha honra”, asegura o autor.

Un acio de uvas de diferentes cores, suxeitas cun corazón verde, lembrando o carácter de corazón de Galicia co que se reivindica o concello de Chantada é a imaxe protagonista do cartel cun fondo que “lembra os efluvios do viño, sabores e aromas que andan polo aire”, explica Lomarti, “o cartel deste ano fíxeno virtual para representar o que me fan sentir o viño e a Feira”.

Consolidada como un dos principais actos festivos que se celebran no municipio de Chantada, a Feira do Viño ofrecerá ás persoas asistentes a proba do viño vendimado neste 2023. Non faltarán diferentes actividades ao redor do viño, actuacións musicais e a Feira de Oportunidades da Asociación de Empresarios de Chantada. Próximamente darase a coñecer toda a programación da Feira.

“Coa presentación do cartel camiñamos cara unha nova edición da Feira do Viño, un dos produtos estrela do municipio e unha das citas máis importantes que se celebran no concello”, destaca o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, que anima a veciños e visitantes a engadir na axenda, do 8 ao 10 de marzo, a Feira do Viño de Chantada.

ÚLTIMAS

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...

Xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido

Arias participou na inauguración das xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido, onde...

O campo de fútbol da Pinguela estreou parasois no partido deste domingo

O Campo Municipal de Fútbol da Pinguela conta cunha bancada nun dos seus laterais....