HomesociedadeO IES A Pinguela visitou Murcia nun encontro escolar

O IES A Pinguela visitou Murcia nun encontro escolar

O alumnado de 3º ESO deste centro monfortino vén de participar a pasada semana no terceiro encontro da Agrupación de Centros Educativos que tivo lugar en Blanca (Murcia).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alumnado de 3º ESO do IES A Pinguela de Monforte de Lemos vén de participar co dos IES La Marina de Santa Cruz de Bezana (Cantabria), IES Las Salinas de Arrecife (Lanzarote) e IES Valle del Segura de Blanca (Murcia) durante a pasada semana no terceiro encontro da Agrupación de Centros educativos que teñen concedido polo Ministerio de Educación. O obxectivo desta xuntanza é desenvolver durante os cursos 2022/23 e 2023/24 traballos sobre “Diversidade medioambiental e uso sostible da auga nas nosas comunidades”.

Durante a estancia, os alumnos dos catro centros participantes expuxeron os seus traballos sobre as diferenzas hídricas e climáticas das comunidades autónomas de Galicia, Cantabria, Murcia e Canarias nun acto que dirixiu o centro de acollida no Teatro Victoria de Blanca e no que estiveron presentes o alcalde daquela localidade, Pablo Cano, e a secretaria xeral da
Consejería de Educación, Carmen María Zamora.

O alumnado no teatro despois das súas exposicións. Foto: IES A Pinguela.

Esta iniciativa do Grupo de Centros Educativos ten como obxectivo concienciar e formar sobre o ODS 6 “Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión e saneamento sostible para todos” ademais de convivir e establecer vínculos entre o alumnado e o profesorado dos diferentes centros participantes.

VISITAS

Aproveitaron para coñecer o Valle de Ricote e facer sendeirismo por unha senda de horta tradicional á beira do embalse de Azud de Ojós, desfrutar do balneario La Fuente de La Fortuna, coñecer a cova neolítica de La Serrata, as norias de Abarán, onde se atopa a maior de Europa en funcionamento, o xacemento hispano-musulmán de Medina Siyasa, Salinas de San Pedro de Pinatar no Mar Menor, Cartagena, Caravaca de La Cruz, Fuentes del Marqués, Santuario de la Virgen de la Esperanza, e loxicamente a capital da comunidade murciana onde visitaron tamén o estadio Enrique Roca do Real Murcia de fútbol.

Cova de La Serrata. Foto: IES A Pinguela.
Norias de Abarán. Foto: IES A Pinguela.

O derradeiro encontro escolar será en Monforte de Lemos durante o mes de abril.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...