Homesociedade‘Federica Faneca’ do vilalbés, Eduardo Pérez Baamonde, anunciará a Feira do Viño...

‘Federica Faneca’ do vilalbés, Eduardo Pérez Baamonde, anunciará a Feira do Viño de Amandi

O traballo do vilalbés darase a coñecer o sábado 24 de febreiro na presentación do Mes do Amandi e da programación da Feira, na Capela da Barca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Sober vén de fallar o concurso do cartel que anunciará a XLIV Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar os días 22, 23 e 24 de marzo, coincidindo como é habitual coa fin de semana do Domingo de Ramos.

O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de diferentes puntos do Estado. Ademais dos orixinais de Sober, Monforte ou Chantada, tamén se recibiron carteis das outras tres provincias galegas. De fóra de Galicia, chegaron propostas de Murcia, Castellón, Madrid ou A Rioxa. O grupo máis numeroso chegou da propia Comunidade.

A proposta gañadora foi a titulada Federica Faneca’ da autoría de Eduardo Pérez Baamonde, gañador do mesmo concurso no ano 2021. Resultaron finalistas os traballos de Fernando Mariño, do Incio; Sara Bernárdez, de Vigo; e José Luis Pulido, de Madrid.

Eduardo Pérez Baamonde é natural de Vilalba e exerce como profesor de Debuxo en Ensino Medio. Amante do deseño gráfico e da pintura empeza a crear imaxes e a expoñer a principios dos oitenta. Nos últimos anos participa con asiduidade en diversos certames alcanzando varios premios e recoñecementos. Tamén destaca a súa actividade como ilustrador.

O gañador recibirá por vez primeira 700 euros, e unha peza de Gundivós personalizada, e o seu cartel será a imaxe da XLIV Feira do Viño de Amandi. Os finalistas recibirán tamén un diploma, un lote de viño de Amandi e os seus carteis estarán nun lugar destacado na exposición que se organice con todos os orixinais participantes no concurso.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...

Un incendio corta a circulación ferroviaria entre Monforte e León

A circulación ferroviaria atópase interrompida entre Folgoso e La Granja  por unha avaría derivada...

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...

Así se presenta a programación deste Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de...