HomesociedadeA rúa do CIM de Chantada chámase agora "8 de marzo"

A rúa do CIM de Chantada chámase agora “8 de marzo”

A Travesía do Concello, onde está o CIM (Centro de Información á Muller), loce desde esta fin semana a placa co seu novo nome, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, despois da correspondente declaración da ONU en 1975.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada dá así cumprimento á moción presentada polo PSOE e aprobada en pleno por unanimidade. “Coa rúa 8 de marzo, reivindicamos a igualdade real de dereitos e deberes e tamén visibilizamos o Centro de Información á Muller e o traballo de cada día”, sinala o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Co novo nome de 8 de marzo para esta céntrica rúa, o Concello de Chantada a través do Centro de Información á Muller abre unha ampla programación de cara a celebración do Día Internacional da Muller.

A seguinte actividade será o 1 de marzo cunha reunión coloquio baixo o título “Traballadoras invisibles”. Para o día 8 de marzo organízase, como novidade, unha gincana polas rúas da vila, que rematará na Praza do Cantón coa correspondente lectura do manifesto. Para completar a programación desenvolveranse actividades infantís de sensibilización, que se levarán a cabo na biblioteca municipal e nos centros de ensino.

“A comezos de marzo o Concello de Chantada participará tamén nun encontro de mulleres rurais. Destacamos especialmente a nosa idea de priorizar a educación e traballar moito cos coles e institutos. É aí onde está a base para que cheguemos a ser unha sociedade realmente igualitaria”, destaca a concelleira de igualdade, Pamela Fernández.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...