HomesociedadeSober lanza o proxecto "Redes Lilas, feminismo desde o pobo e para...

Sober lanza o proxecto “Redes Lilas, feminismo desde o pobo e para o pobo”

O proxecto consta de seis sesións gratuítas que se desenvolverán, de forma espazada, nos meses de marzo, abril e maio. Para participar é necesario anotarse, chamando ao 628055236 de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00, ou mediante o envío dun WhatsApp a este mesmo número

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober lanza unha nova iniciativa coincidindo co Día Internacional da Muller, o proxecto ‘Redes Lilas. Feminismo desde o pobo e para o pobo’. A proposta xorde no Concello de Sober da man das traballadoras sociais, Ana de la Torre Alvaredo e Patricia González Vidal, coa colaboración externa da educadora social, Selene Arias Sáez.

Con ela, preténdese crear un espazo de mulleres, no cal, se leve a cabo de forma conxunta a reflexión e a reivindicación, executando actividades que fomenten o espertar, favorecendo, así, a loita feminista e a consecución dunha igualdade real entre mulleres e homes. Non é preciso ser do Concello de Sober para formar parte das actividades.

Calendario con algunhas das accións previstas

  • 8 de marzo – Día Internacional das Mulleres – Actividade ‘Mirando cara dentro’. Presentación do proxecto e sesión de achegamento á meditación, á autoescoita e aos movementos do ioga como ferramenta de empoderamento persoal, da man de May Baker Föhring.
  • Martes, 26 de marzo – Actividade ‘Deconstruíndo para respirar. Compartir as similitudes e as dificultades do camiñar como forma de liberación e creación de redes.
  • Martes, 9 de abril – Actividade ‘Sober non esquece’. Partir da reflexión arredor da violencia que padecen as mulleres e convertir os espazos comunitarios en piares de cohesión e loita.
  • Martes, 23 de abril – Actividade. ‘As mochilas pesan menos’. Abrazar libremente a creatividade propia a través da creación de pezas únicas que falen por si mesmas.
  • Sábado, 4 de maio – Actividade. ‘Nós trazamos o camiño’. Andaina feminista e “aquelarre” posterior nun miradoiro do Concello.
  • Sábado, 25 de maio – Actividade. ‘Conquistando a rúa’. Elaboración conxunto dun mural no exterior, que dea conta do noso paso por este proxecto e que supoña máis que un final, un principio.

Desde o Concello de Sober fan un chamamento para que as mulleres se sumen a esta loita. “Requirimos de ti. Non o dubides!”.

Mentres, as exposicións Anhelos e Inmarcesibles seguen o seu percorrido. Anhelos estará ata o 1 de marzo no centro penitenciario de Pereiro de Aguiar, día no que haberá unha charla educativa na prisión. Do 4 de marzo ao 1 de abril visitará o Concello de Sarria e do 2 de marzo ao 30 de marzo, o CIS da Coruña. Inmarcesibles estará do 4 de marzo ao 18 de marzo no Concello de Coles. Desde ese día está libre, por se alguén ten interese en solicitala para visitar o seu Concello.

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...