HomesociedadeQue pasa coa auga en Monforte?

Que pasa coa auga en Monforte?

O concello de Monforte informa dunha avaría que afecta ao tendido eléctrico que dá servizo á potablizadora de Monforte e que está provocando falta de abastecemento no subministro de auga nas parroquias do municipio. O concello tamén informa, a través dunha nota de presa, de que nin o concello nin Aqualia están facendo análises de auga con visitas ás casas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha árbore caída sobre o tendido eléctrico, que dá servizo á planta potabilizadora de Monforte, produciu unha incidencia no subministro de electricidade a dita planta. Este incidente no que traballa Unión Fenosa-Naturgy, está provocando, nestes momentos, a falta de abastecemento no subministro de auga nas parroquias do municipio.

Por parte da empresa Aqualia, concesionaria do subministro de auga do concello, requiríuselle a Unión Fenosa-Naturgy a instalación e utilización dun xerador para reestablecer o subministro eléctrico da planta potabilizadora, mentres duren os traballos de reparación da liña eléctrica por parte de Unión Fenosa. O xerador xa está en funcionamento e xa se está traballando para arranxar esta avaría, polo que dende o Concello agárdase que Unión Fenosa restableza a liña eléctrica o antes posible para que a potabilizadora recupere o seu funcionamento con normalidade

Nota informativa sobre análises de auga na cidade de Monforte

“O Concello de Monforte informa ós veciños e veciñas da cidade que, segundo chamadas recibidas na centraliña do concello por parte de persoas afectadas, parece ser que hai xente facendo controis polas casas sobre o estado da calidade de auga.

Dende o concello, infórmase que non se está facendo ningún tipo de control ou análise destas características en relación coa auga, nin por parte de persoal do Concello de Monforte nin por parte da empresa Aqualia.

Polo tanto, trasladámoslles ós veciños que teñan precaución”. 

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...