HomesociedadeBóveda sementa a igualdade nos equipos locais de fútbol

Bóveda sementa a igualdade nos equipos locais de fútbol

O concello de Bóveda programa un amplo calendario de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local de Bóveda prosegue coa campaña ‘Sementando igualdade’, que esta vez chegará aos dous clubs locais de fútbol en forma de novo equipamento. Así, o alcalde, José Manuel Arias, xunto co concelleiro de Deportes, Javier Domínguez, fixéronlles entrega ao AD Bóveda e o SD Rubián das camisetas de cor lila co lema ‘Sementando igualdade’ que ambos os equipos estrearán na vindeira xornada de liga.

A acción está financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Trátase, segundo explica o rexedor, de demostrar o compromiso “do deporte en Bóveda pola igualdade”, polo que agradece a colaboración dos dous equipos con esta iniciativa que se leva a cabo desde as Concellerías de Cultura e de Deportes para dar visibilidade á loita contra a discriminación das mulleres e pola igualdade de xénero.

No marco do 8M o Concello de Bóveda tamén organiza un curso de autodefensa persoal para mulleres ante situacións violentas, financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta, para o vindeiro 23 de marzo, e un obradoiro de fíos, que vai impartir Lorena Quintáns, o propio 8 de marzo. A maiores, programáronse actividades na Axencia de Lectura pola Igualdade, como unha exposición bibliográfica, haberá obradoiros e actividades na ocioteca e tamén unha exposición de artesanías de Lorena Quintáns

ÚLTIMAS

“Hellen Keller, a muller marabilla?”, este 4 de decembro no Multiusos de Monforte

A compañía Chévere Teatro presenta “Hellen Keller, a muller marabilla?”, unha obra dirixida por...

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...

Un incendio corta a circulación ferroviaria entre Monforte e León

A circulación ferroviaria atópase interrompida entre Folgoso e La Granja  por unha avaría derivada...

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...