HomeTerra de LemosMonforteActos centrais do 8M en Monforte

Actos centrais do 8M en Monforte

Serán este 8 de marzo coa lectura do manifesto e a interpretación da peza de danza-teatro de Merche Pérez baixo o título "Fiando na igualdade técese unha sociedade", lema deste ano. Ao chover faranse no salón de actos da Casa da Cultura Lois Pereiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres 8 de marzo, ás 12:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura, terá lugar o acto central arredor do 8M, coa Concentración e lectura do Manifesto a cargo da Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López.

Tras a lectura do Manifesto, desenvolverase unha Peza de Danza-Teatro que leva por título o lema do 8M deste ano “Fiando na igualdade técese unha sociedade”, a cargo da artista monfortina Merche Pérez, á que seguirán intervencións de alumnos e alumnas dos diferentes centros educativos da cidade.

Das 19:30 h. ás 00:00 horas, iluminarase de cor malva e farase unha proxección dixital na Torre da Homenaxe co lema “Monforte pola Igualdade.

ÚLTIMAS

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...

Quiroga celebra o San Martiño con actos culturais, magosto e música

Dúas grandes actividades culturais centraranse na fin de semana previa a esta celebración. O...