HomesociedadeIncidencias nas chamadas ó teléfono do Concello de Monforte

Incidencias nas chamadas ó teléfono do Concello de Monforte

Desde o concello de Monforte infórmase de que estanse a producir problemas nas chamadas entrantes e saíntes do teléfono do Concello de Monforte, o que está a provocar cortes na comunicación telefónica entre o persoal municipal e os cidadáns.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informan desde o concello, nalgúns casos é necesario ter que volver a chamar ó cidadán, debido ós cortes que se producen nas conversas, polo que dende o concello rógase desculpen as molestias que se poidan ocasionar debido a este problema.

Neste senso, o alcalde, José Tomé, aclara que estas incidencias nos cortes das chamadas son un problema alleo á administración local. Segundo o informe emitido pola compañía telefónica R, concesionaria do servizo, ó parecer “trátase dun problema masivo que está afectando a varios operadores e que se detectou en capas moi altas nos puntos de interconexión entre eles”. Deste xeito, o problema está a afectar a outros concellos e administracións públicas, así coma empresas e outras entidades.

Segundo informan dende a operadora o problema é complexo,non se trata dunha avaría corrente, e séguese a traballar na súa solución, debido a que a lista de afectados é considerable.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...