HomesociedadeO "Estase Cocendo" homenaxea a historia do ferrocarril

O “Estase Cocendo” homenaxea a historia do ferrocarril

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acollía na tarde deste venres a presentación do XVI Estase Cocendo. Contouse coa presenza do presidente da APEHL, Cheché Real, representantes da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia, da Corporación municipal, e do sector da hostalería.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ano dende a organización do “Estase cocendo”homenaxéase á historia do ferrocarril, que tan significativo foi na cidade do Cabe, co obxectivo de resaltar a súa importancia e de recuperar o prestixio que tivo no pasado. A tenente de alcalde do concello de Monforte, Gloria Prada, considera un acerto a homenaxe deste ano porque “todas as persoas que traballaron e traballan a prol do ferrocarril na nosa cidade merecen con creces esta homenaxe e recoñecemento, e por suposto as persoas que  hoxe están aquí presentes”.

Desde a delegación sur da APEHL decidiuse que este ano foran 4 os compadres do “Estase Cocendo”, relacionados co ferrocarril, en concreto, Germán López, xubilado ferroviario, Luis Blanco, Director do Museo do Ferrocarril de Galicia, Jesús Francisco Vila, Profesor do Colexio Ferroviario, e Javier Pérez, recentemente nomeado Director Xeral de Renfe Viaxeiros, cargo que compatibiliza coa Dirección da área de negocio de Alta Velocidade e Servicios Comerciais.

Na súa intervención, Gloria Prada lembrou “550 M€ para  modernizar a vía Ourense-Monforte-Lugo, 7M€ para a supresión dos pasos a nivel de Rioseco e Juan Montes, e a mellora da Estación do tren e da súa praza por case 4M€, ou o novo Centro de Competencias Dixitais e de Ciberseguridadede Renfe, que foi inaugurado en Monforte en 2023, cun investimento dun millón de euros. Obras que sen dúbida contribuirán a recuperar a importancia e relevancia que o ferrocarril ten na nosa cidade.”

A Tenente de Alcalde rematou a súa intervención convidando a todo o mundo a participar desta campaña gastroturística do Estase Cocendo 2024, e a que durante este mes de marzo, se acheguen aos diferentes establecementos da zona, para degustar o prato protagonista que é o Cocido.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...