HomesociedadeWork Ribeira Sacra Chantada, este 15 de marzo no Auditorio Municipal

Work Ribeira Sacra Chantada, este 15 de marzo no Auditorio Municipal

A I edición do WORK RIBEIRA SACRA é un encontro empresarial, promovido polo Concello de Chantada, como parte da actividade oficial da 41 edición da Feira do Viño de Chantada que se vén de celebrar entre o 8 e o 10 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita desenvolverase no Auditorio Municipal de Chantada, en horario de 10:00h a 13:30h, eaunará networking e gastronomía nunha xornada especialmente destinada a empresarios/as, directivos/as, autónomos/as e/ou emprendedores/as que quieran iniciarse nos seus proxectos vitais.

Nesta primeira edición intervirán:

  • Rubén Pérez, director técnico en Ponte da Boga, Corporación Hijos de Rivera S.L., que falará “dunha historia de Ponte da Boga”.
  • Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, repasará a evolución do turismo na Ribeira Sacra ó longo da historia: “De Ryvoyra Sacrata a Ribeira Sacra, a creación dun destino”.
  • Beatriz Pérez, cofundadora de Máis que Románico con María Abuín (www.maisqueromanicorutas.com ) explicará ecomo podemos coñecer o patrimonio galego a través de Rutas turísticas deseñadas por elas. Fomentan un turismo personalizado e sostible.
  • Manuel Gallego, responsable área Turismo Cultural en Xeitura; Xestión integral do Patrimonio S. Coop. Galega (www.xeitura.com). Repasarase o turismo no rural desde un punto de vista cooperativo e integrando a xestión patrimonial.
  • Idoia Cuesta, creadora, formadora e investigadora, especializada en
    cestaría
    , ofrece máis información dos seus proxectos na web www.idoiacuesta.com e explicará aos presentes como comunica a través da cestaría.

Os cinco relatores abordarán a experiencia do seu percorrido profesional e empresarial na súa vida laboral na Ribeira Sacra, ofrecendo perfís ben diferenciados segundo os diferentes sectores nos que traballan. Os relatorios comezarán ás 10:00h. Ás 12:00h farase unha pausa-café, para ás 12:30 continuar cunha mesa redonda coa participación

dos relatores e ás 14:30 rematar con comida networking no restaurante pulpería Os Pendellos, “onde degustar un menú acompañado dos viños da zona e aproveitar para continuar cos contactos persoais, diálogo e intercambio de experiencias e seguir analizando posibilidades de negocio”, destaca Silvia Panadeiros, responsable do Work Ribeira Sacra.

Para participar desta iniciativa coa que o Concello de Chantada pecharía a programación da Feira do Viño é necesario confirmar asistencia no teléfono 982 440 011 (Luz Pérez), antes do día 14 ás 14:00h para participar dos relatorios e/ou do xantar.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...