HomesociedadeAvanza a construción da nova base de medios aéreos de San Xoán...

Avanza a construción da nova base de medios aéreos de San Xoán de Río

A Dirección Xeral de Defensa do Monte, dependente da Consellería do Medio Rural, está avanzar nas obras da nova base de medios aéreos de San Xoán de Río, situada na provincia de Ourense, e que contan cun orzamento de 1.120.864,50 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas novas instalacións consisten nunha nova edificación destinada a aloxar á brigada helitransportada e á tripulación en dous espazos diferenciados. As instalacións contan cunha superficie construída de 281 metros cadrados, distribuída nunha planta baixa con vestiarios, aseos, zonas de lecer e todo o necesario para que o persoal do servizo poida conciliar traballo e descanso; ademais dun soto. A maiores, tamén se está a remodelar a antiga caseta dos pilotos, onde se localizará a nova emisora da base.

As actuacións inclúen o acondicionamento da parcela do heliporto, co fin de poder dispoñer dunha plataforma dedicada ao despegue e aterraxe destas aeronaves e unha segunda plataforma na que se situarán tres postos de aparcamento para estes aparellos.

As obras da base aérea de San Xoán de Río están enmarcadas no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, que ten como fin mellorar o servizo público que presta a Administración no medio rural. Neste sentido, o Goberno autonómico destinará nos vindeiros tres anos case 24 millóns de euros para completar este plan no período 2021-2026, orzamentado nun total de 43 millóns.

Esta iniciativa fai referencia, por unha banda, aos labores de reforma, adaptación e mellora da rede de oficinas rurais e, pola outra, ás intervencións en marcha e previstas nas instalacións asociadas ao dispositivo de prevención e defensa contra os incendios forestais e á Administración forestal.

Actualmente estase a realizar unha profunda mellora e actualización das bases de unidades operativas (BUO) que están distribuídas por todo o territorio galego. Para o deseño das novas infraestruturas trabállase cun sistema modular eficiente, con materiais ecolóxicos e reciclables e cun papel moi protagonista da madeira galega de piñeiro e castiñeiro. Na provincia de Ourense destaca a BUO de Muíños -unha das novas construcións levadas a cabo no marco deste Plan-, que estará operativa nesta mesma campaña.

No referido ás bases de medios aéreos, o Plan pon en valor estas instalacións, definíndoas como un factor clave para a optimización na resposta ante a ocorrencia dun incendio. Neste sentido, sobresae a nova base transfronteiriza de Verín-Oímbra -que entrará en funcionamento neste campaña-, que poderá ser utilizada ata por seis aeronaves de carga en terra, e que contará tamén cun heliporto con capacidade de ata catro aparatos.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...