HomesociedadeMercado temático sobre a Feira Medieval e presentación da programación

Mercado temático sobre a Feira Medieval e presentación da programación

A inauguración, a cargo do Alcalde de Monforte, será este sábado 16 de marzo ás 11 horas na zona dos mercados da Praza de  Abastos de Monforte e despois de presentar oficialmente a programación da Feira Medieval nunha rolda de prensa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurará este sábado 16 de marzo ás 11 horas o Mercado para a Medieval no espazo anexo á Praza de Abastos de Monforte. Este ano 2024 a Feira Medieval alcanza a súa 20ª edición que se celebrará durante a fin de semana do 30 e 31 de marzo.

Antes da inauguración oficial, no mesmo espazo da Praza de Abastos, o Alcalde ofrecerá ás 11 horas unha rolda de prensa ós medios de comunicación para presentar o Programa oficial de actividades da Feira Medieval.

MERCADO PARA A MEDIEVAL

O Mercado para a Medieval é un preludio da Feira Medieval, polo que a súa temática xira arredor da preparación para dita Feira. Deste xeito, o Mercado contará coa presencia de 16 stands dedicados á venda de traxes medievais confeccionados a man para adultos e nenos, bixutería, complementos, salón de peiteado e maquillaxe… todo o necesario para “poder lucir o máis medievo posible nesta nova edición da Feira Medieval”, comentan dende o concello.

Ademais neste Mercado poderanse observar diferentes exemplos de decoracións de mesas de terraza e comedor, para hostalería e hotelaría. Presentaranse diferentes estilos decorativos para todo tipo de mesas e espazos, desde decoración de terrazas ata mesas de comedor con diferentes formatos e vaixelas. Tamén haberá profesionais do sector de eventos que poderán asesorar aos hostaleiros e hostaleiros en todo o referente á ambientación dos seus establecementos.

Durante a celebración do Mercado, proxectanrase, de manera continuada, o vídeo oficial da Feira Medieval, que foi presentado o pasado luns 11 polo Alcalde, e o vídeo “O bo xantar”, o cal dará a coñecer a proposta culinaria dos diferentes restaurantes da cidade para esta Feira Medieval.

Como en pasadas edicións, celebrarase o concurso de repostería e pastelaría “A polo mellor doce onde os visitantes poderán avaliar o mellor doce dos expostos durante o Mercado, votación da que resultará elixido un gañador.

O sábado día 16 organizarase o Desfile de Traxes Medievais e complementos, que terá lugar ás 18:30h. con entrada libre ata completar o aforo do recinto expositivo do Mercado.

O horario do Mercado para a Medieval 2024 será o seguinte:

  • Sábado día 16 de marzo, de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h a 21:00h.
  • Domingo día 17 de marzo, de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h a 19:00h.

ÚLTIMAS

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...