HomesociedadeVolven 'as Meigas' a Monforte

Volven ‘as Meigas’ a Monforte

Será este sábado 16 de marzo coa celebración do 'III Aquelarre das Meigas' dentro do programa do ciclo gastronómico 'Estase Cocendo'.

Publicado o

- Advertisement -

O ‘Estase Cocendo’ chega á súa 2ª fin de semana de celebración na Ribeira Sacra coa oferta de tapas e menús nos que o cocido é o protagonista en diferentes establecementos hostaleiros dos concellos de: Bóveda, Chantada, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Pantón, Sober, O Saviñao, Quiroga, Ribas de Sil e Portomarín.

E para este sábado 16 de marzo hai unha programación especial no Concello de Monforte. Trátase do III Aquelarre das Meigas, unha xornada temática que serve de encontro para mulleres caracterizadas de meigas e que gaña interese ano tras ano incorporando máis actividades.

PROGRAMA III AQUELARRE DAS MEIGAS

Obradoiro para nenos e nenas impartido por María Cao no Centro do Viño e con horario de mañá (12:00 a 13:30 h.) e de tarde (18:00 a 19:30 h.).

-Xantar a base de cocido ás 14:30 h.

-Concerto da banda de rock monfortina Deloreans ás 18:15 h. no Bar AWA de Monforte.

-Ás 19:30 h. Concentración das Meigas na Praza de España acompañadas de Batucada Creativa, concurso de meigas e lectura dun manifesto a cargo de Manuela Fuentes.

Lectura do manifesto dun Aquelarre anterior. Foto: Pili Chaos.
VISITAS GUIADAS

Os sábados 16 e 23 de marzo a partires das 11:30 h. organízanse visitas guiadas de balde con saída dende Os Escolapios e con remate de degustación de viño da Ribeira Sacra. Cómpre reservar praza nos teléfonos 982 412050 ou 676101649. A guía levará un paraugas laranxa co lema “…E para comer, Lugo” para que sexa doado localizala.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...