HomesociedadeRestauración da imaxe da Virxe dos Remedios da Ermida, en Quiroga

Restauración da imaxe da Virxe dos Remedios da Ermida, en Quiroga

Os traballos estanse a realizar polo restaurador Francisco Naranjo, licenciado en Belas Artes na especialidade de Restauración Escultórica e Pictórica pola Universidade de Granada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A imaxe da Virxe dos Remedios da Ermida está a sufrir unha importante restauración da man do restaurador malagueño Francisco Naranjo, quen se encargou de limpar a imaxe e ten por diante facer un novo soporte para a súa exposición, así como o deseño da nova coroa que lucirá a Virxe e o Neno tras a coroación canónica. Todos estes procesos forman parte do proxecto de coroación canónica desta imaxe venerada dende hai séculos na parroquia da Ermida.

A imaxe da Virxe que se venera coa advocación dos Remedios, esconde debaixo da túnica e do amplo manto co que está revestida unha imaxe de alabastro medieval de orixe inglesa. O único á vista dos fregueses é a cabeza e unhas mans que van cosidas á túnica. Esta peza de alabastro é unha escultura de principios do século XV que conserva pálidos restos de policromía. Esta imaxe mide soamente 45 centímetros de altura polo que se construíu unha base para darlle altura e un soporte para colocarlle unha dobre coroa.

A imaxe da Virxe dos Remedios antes da limpeza restauradora. Foto: Jesús Río.

Os traballos de limpeza da Virxe por parte do restaurador malagueño empezaron e xa viron o visto e prace da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia. Agora, dentro duns meses volverá para colocarlle un nimbo e acometer reparacións na coroa e na base, no soporte.

Segundo a Televisión Municipal de Quiroga, e tras falar con Francisco Naranjo, “traballar nesta peza resultoulle interesante e moi motivador, xa que ata o de agora os seus traballos centráronse sobre todo en pezas de época barroca, posto que en Andalucía as pezas románicas ou góticas son practicamente inexistentes”.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...