HomesociedadeEduardo Iglesias na Graduación do alumnado de ciclos formativos do IES A...

Eduardo Iglesias na Graduación do alumnado de ciclos formativos do IES A Pinguela 2022/24

O alumnado do segundo curso dos ciclos formativos 2022/2024 do IES A Pinguela vén de celebrar no edificio Multiusos de Monforte o seu acto de graduación. Nesta ocasión contouse co antigo alumno, Eduardo Iglesias, que fixo un repaso ós anos pasados no noso instituto, que sinalou coma uns dos mellores da súa vida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Acompañados pola actuación musical de Eva, Nuria e Julia, alumnas de 2º de Bacharelato, despois das intervencións de representantes das 4 familias profesionais do centro (Administración, Imaxe Persoal, Téxtil e Informática), os alumnos dos ciclos medios de Xestión Administrativa, Sistemas Microinformáticos e Redes, Confección e Moda, Calzado e
Complementos de Moda, Peiteado e Cosmética Capilar e Estética e Beleza; os de FP Básica de Servizos Administrativos; e os dos ciclos superiores de Desenvolvemento de Aplicacións Web, Asistencia á Dirección, Administración e Finanzas e Estilismo e Dirección de Peiteado, recibiron as súas bandas, orlas e uns recordos gráficos e materiais do seu paso polo IES A Pinguela.

O director do centro e a profesora de FOL, Pilar González Vázquez, interviron para desexarlle sorte e recordarlle que este centro seguirá sendo a súa casa á que poderán recorrer cando o consideren necesario. Finalizaron o acto, como é habitual, cunha cea nun restaurante local.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...