HomesociedadeAccións Formativas Dirixidas, especialmente para parados, no IES A Pinguela

Accións Formativas Dirixidas, especialmente para parados, no IES A Pinguela

Son tres os cursos que se ofrecen, e impartiranse a partir da Semana Santa. Ofrecemos detalles dos mesmos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os tres cursos de AFD (Accións Formativas Dirixidas) que se ofrecerán no IES A Pinguela despois da Semana Santa son de nivel 1, o que supón que non se necesitan estudios previos para poder realizalos.

CURSOS QUE SE OFERTAN

O TCPF0109, “Arranxos e adaptacións de pezas e artigos en téxtil e pel”, chega ás 408 horas, cunha financiación de 29.909,70 euros. Comezará o 5 de abril e rematará o 24 de xullo en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O curso IFCT0108, “Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos”, ten unha duración de 388 horas e unha financiación de 29.934,00 euros. Desenvolverase do 5 de abril ó 18 de xullo en horario de 16:00 a 21:00 horas da tarde.

O curso IMPE0108, “Servizos auxiliares de estética”, terá unha duración de 378 horas. A súa financiación alcanza os 25.833,60 euros e realizarase do 18 de abril ó 31 de xullo en horario de 16:00 a 21:00 da tarde.

Para cada curso ofértanse 15 vacantes, a formación é de balde e está promovida pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Os interesados e interesadas deben estar inscritos/as na Oficina de Emprego.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...