HomesociedadeCalcúlase que haberá unhas 2.000 prazas para o programa "Coñece a túa...

Calcúlase que haberá unhas 2.000 prazas para o programa “Coñece a túa provincia”

O programa foi aprobado días atrás na Xunta de Goberno da Deputación de Lugo. Desde a súa creación, hai xa tres anos, está a ter unha gran acollida e axuda a dinamizar a actividade social e económica da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo ofrecerá este ano preto de 2.000 novas prazas no programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia. Tras a aprobación en Xunta de Goberno, haberá que esperar a que saia publicada a convocatoria desta nova edición no BOP para que as entidades asociativas sen ánimo de lucro dos 67 concellos lucenses poidan iniciar as solicitudes.

“Reeditamos polo tanto este programa, que desde a súa creación hai xa tres anos tivo unha gran acollida e supón un revulsivo importante para a actividade social e económica da nosa provincia a través da promoción do territorio”, valorou a deputada provincial socialista Pilar García Porto. Detallando a súa valoración, sinalou tamén que “desde setembro do 2021 máis de 8.000 participantes de 358 asociacións xeraron un retorno económico estimado de máis de medio millón de euros”.

Nesta tempada do 2024, cada excursión incluirá como en anos anteriores o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, menú de xantar e entradas e visitas ós diferentes lugares de interese. As viaxes e visitas serán realizadas coa compañía de profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e polo persoal encargado de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

As solicitudes para participar poderán formularse durante un prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no BOP.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...