HomesociedadeComezan as obras da estrada provincial que une os municipios de Bóveda...

Comezan as obras da estrada provincial que une os municipios de Bóveda e Monforte

Estes traballos, que contan cun investimento da institución provincial de 120.000€, afectan ao treito que vai do punto quilométrico 8,319 ao 10,709.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo comezou as obras de reparación dun tramo da estrada provincial LU-P-0901 que conecta os concellos de Bóveda e Monforte de Lemos pola parroquia de Ribas Pequenas.

Esta actuación consiste na apertura de cunetas, eliminando a vexetación e a terra sobrante; no aumento da lonxitude da cuneta en 15 metros e medio; na pavimentación do firme cunha capa de aglomerado en quente e na reposición da sinalización horizontal mediante o pintado da vía con marcas reflexivas brancas. Os traballos contan cun prazo de execución de mes e medio.

“Son unhas obras importantes para a comarca da Ribeira Sacra porque esta estrada provincial comunica media ducia de parroquias e tamén dá servizo ao Pazo de Tor, un recurso turístico e un polo de atracción de visitantes situado no concello de Monforte de Lemos”, destacan desde a Deputación Provincial.

ÚLTIMAS

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...

Este 16 de xaneiro preséntase en Chantada “Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo”

A Irmandade Cultural País do Faro organiza para este venres, 16 de xaneiro, a...

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...