HomesociedadeTorre de Homenaxe en azul, este martes polo Día Mundial de Concienciación...

Torre de Homenaxe en azul, este martes polo Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

A campaña deste ano, a través do lema “Máis cerca do que cres” pon o foco en que todos temos moi preto a una persoa con autismo, xa que o 1% da poboación é autista.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), o Concello de Monforte iluminará este martes, 2 de abril, na tarde noite a Torre da Homenaxe de cor azul con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

O Alcalde, José Tomé Roca, sinala que “estímase que 450.000 persoas teñen trastorno do espectro do autismo en España, cifra que se eleva a case un millón e medio de persoas vinculadas ao autismo se temos en conta tamén o impacto que produce nas súas familias. Para elas, o acceso á educación e ó emprego non son só un dereito, se non tamén factores clave para a súa calidade de vida, e como resalta o lema deste ano, estas persoas tamén teñen todo o dereito a ter unha vida feliz. Por iso dende o Concello de Monforte sumámonos a esta campaña, co obxectivo de darlle visibilidade e apoio ás persoas, e ás súas familias, que padecen este trastorno”. 

Cada ano milleiros de edificios emblemáticos de todo o planeta ilumínanse de azul para apoiar e dar visibilidade ás persoas con TEA e ás súas familias. Trátase dunha campaña mundial promovida por Autism Speaks (Light It Up Blue, #LIUB), e apoiada por Autismo EuropaAutismo España e Autismo Galicia. No pasado ano 2023 ilumináronse en España máis de 500 monumentos.

ÚLTIMAS

Xornada sobre o aove galego o 24 de xaneiro en Quiroga

Baixo o título de “Elaborar aceite de oliva virxe extra de calidade en Galicia....

A tradicional ‘panceta ao espeto e o chourizo asado’ nas Festas do San Vicente en Margaride

Margaride de Lor, parroquia do Concello de Quiroga, estará de festas a vindeira fin...

Chantada celebra o 14 de febreiro o Desfile de Comparsas con 6.000€ en premios

O Concello de Chantada, co obxectivo de promocionar e conservar as tradicións vinculadas co...

Quiroga abre o prazo para participar no concurso de carteis que anunciará a Feira do Viño

O tema central do cartel será a Feira do Viño de Quiroga, reflectindo a...