HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra no Galicia Fórum Gastronómico que se celebra na...

A D.O. Ribeira Sacra no Galicia Fórum Gastronómico que se celebra na Coruña ata o 9 de abril

A D.O. Ribeira Sacra participa en Galicia Fórum Gastronómico que se celebra na Coruña do 7 de abril ao martes, 9 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra estará presente na caseta da Xunta de Galicia nun espazo propio cun Túnel do Viño formado por 24 viños, 6 brancos e 18 tintos de 12 adegas. As adegas participantes son:

  • Alouviño
  • Cardenal Rodrigo de Castro
  • Condado de Sequeiras
  • Don Bernardino
  • Enonatur
  • Pazo de la Cuesta
  • Ponte da Boga
  • Prómine
  • Rectoral de Amandi
  • Regina Viarum
  • Tolo do Xisto
  • Viñas de Belesar

Dentro do programa de actividades de Experiencias de Calidade a D.O. Ribeira Sacra paraticipará este luns, 8 de abril, de 12 a 13 h. en Cousas Ricas: Degustación de queixos DOP Cebreiro, IXP Pan de Cea, produtos con selo de Artesanía Alimentaria e viños da DO Ribeira Sacra.

Fórum Gastronómico é o maior evento gastronómico profesional do norte de España. Converteuse desde a súa primeira edición en Galicia no ano 2008, no punto de encontro imprescindible para os profesionais do food service no noroeste da península, celebrándose as súas catro últimas edicións na cidade da Coruña.

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...