HomesociedadeO uso sostible da auga centra un encontro de alumnado de Canarias,...

O uso sostible da auga centra un encontro de alumnado de Canarias, Murcia e Cantabria no IES A Pinguela de Monforte

Durante a estancia, os alumnos dos catro centros participantes traballarán sobre as diferenzas hídricas e climáticas das comunidades autónomas de Galicia, Cantabria, Murcia e Canarias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O IES A Pinguela de Monforte de Lemos recibe a alumnado de 3º ESO dos IES La Marina de Santa Cruz de Bezana (Cantabria), IES Las Salinas de Arrecife (Lanzarote) e IES Valle del Segura de Blanca (Murcia). A actividade enmárcase no cuarto e último encontro da Agrupación de Centros Educativos que traballan sobre “Diversidade medioambiental e uso sostible da auga nas nosas comunidades”, cun programa do Ministerio de Educación para desenvolver durante os cursos 2022/23 e 2023/24.

Esta iniciativa do Grupo de Centros Educativos ten como obxectivo concienciar e formar sobre o ODS 6 “Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión e saneamento sostible para todos” ademais de convivir e establecer vínculos entre o alumnado e o profesorado dos diferentes centros participantes.

Con este encontro en Galicia, o alumnado coñecerá a Ribeira Sacra, o embalse de Belesar, Santiago de Compostela, a capital lucense, Ourense, Pontevedra e viaxarán en barco pola rúa de Arousa desde o Grove.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...