HomesociedadeRedes Lilas visibiliza en Sober ás mulleres asasinadas en España no último...

Redes Lilas visibiliza en Sober ás mulleres asasinadas en España no último ano

55 lápidas honran ás mulleres asasinadas baixo as proclamas “Sober non esquece” e “O machismo mata, o feminismo salva".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta semana tivo lugar a terceira actividade da programación feminista de ‘Redes Lilas’, proxecto do Concello de Sober impulsado dende o departamento de Servicios Sociais municipal polas traballadoras sociais Ana de la Torre e Patricia González.

As mulleres, algunhas estreando o espazo e outras xa presentes en anteriores reunións, participaron nunha reflexión en común ao redor da violencia de xénero, seguida dunha explicación das ferramentas para a identificación da mesma e rematando coa elaboración de lápidas con carteis cos datos —nome, idade, procedencia e data de asasinato— das mulleres vítimas mortais da violencia machista en España dende abril do 2023 ata hoxe.

A mesa da Casa da Cultura do Concello de Sober agardaba ás mulleres cuberta dos carteis simbólicos das 55 mulleres asasinadas. Selene Arias, educadora social, introduciu a problemática da violencia de xénero apuntando o perigo que existe no rol de poder e dominancia que o home se atribúe dentro das relacións sexo-afectivas. Especificou que a morte non é a única violencia á que nos vemos expostas, senón que son moitos os actos e actitudes da vida cotiá os que amosan o rexeitamento social ao xénero feminino.

“Antes de chegar á demostración da violencia neste grao, a través dun asasinato, existen moitos outros niveis polos que pasamos sen ser conscientes ou téndoos normalizados”, apuntou facendo alusión ás actitudes que poden ser alarma dentro dunha relación ou vínculo entre un home e unha muller.

Patricia Vidal recolleu e achegou material documental sobre agresións a mulleres por parte das súas parellas e exparellas dende o xoves anterior ao encontro, en concreto novas e outras pezas xornalísticas e os comentarios dos usuarios de diferentes redes sociais ao respecto. Con esta recompilación, a traballadora social buscou incidir na “posta en dúbida” e criticismo ao que as mulleres violentadas se ven expostas cando as súas experiencias chegan ao xuízo social logo de se converter en noticia, agravando o nivel de prexuízo cara elas.

Redes Lilas / Concello de Sober

As participantes pasaron a intercambiar as súas vivencias persoais, dende agresións máis imperceptibles e normalizadas ata violencias con danos físicos e psicolóxicos. Varias sinalaron as comidas familiares como un contexto no que a devalorización da muller está totalmente normalizada a través de “chistes” ou en comentarios de casos polémicos da actualidade, abrindo debate sobre como debe ou pode ser a resposta das mulleres que os escoiten. Algunhas das presentes sacaron episodios puntuais de relacións románticas pasadas que, en maior ou menor medida, lle afectaron e incluso se relataron procesos individuais de saída de relacións tóxicas e de maltrato.

55 lápidas no parque municipal

O encontro rematou coa confección con vimbios, bridas e papel plastificado das 55 lápidas en honra das mulleres asasinadas no último ano, hoxe ausentes neste e tantos outros espazos. As participantes saíron ao parque do Concello de Sober, terreo no que as repartiron xunto con dúas proclamas claras: “O machismo mata, o feminismo salva” e “Sober non esquece”.

A programación de ‘Redes Lilas’ continuará o próximo martes 23 de abril, cun taller de deseño de tote bags con mensaxes que resoen coa loita persoal de cada unha das mulleres participantes. As mulleres interesadas en participar deben inscribirse ata o mércores 17 de abril

ÚLTIMAS

Medio Rural pon en valor a aposta de Daveiga pola innovación e a transformación dos produtos agrarios

Nesta visita, a conselleira salientou a aposta pola innovación e transformación desta empresa que...

Máis de 200 actividades formativas no IV programa “Da Escola á Granxa”

O deputado, Daniel García, achegou estes datos sobre a cuarta convocatoria do programa nun...

María Pena López, nova centenaria de Quiroga

Esta centenaria asegura que o segredo para chegar a cumprir un século de vida...

Reactivadas as comunicacións para queimas agrícolas e restos forestais

Como vén sendo habitual, no portal da internet destinado a comunicar as queimas de...