HomesociedadeMonforte pon en marcha un programa de inclusión social para inmigrantes

Monforte pon en marcha un programa de inclusión social para inmigrantes

Este Programa de acollida e inclusión social co colectivo inmigrante ten como finalidade favorecer a inclusión sociolaboral das persoas inmigrantes do municipio a través de actuacións orientadas á inclusión básica e residencial, a mediación social e intercultural, a formación adaptada e a información, asesoramento e apoio nos trámites legais en materia de estranxeiría ás persoas usuarias dos Servizos Sociais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte de Lemos vén de poñer en marcha un novo programa, dende a Concellaría de Servizos Sociais e Discapacidade, dirixido a promover e facilitar a inclusión social do colectivo de inmigrantes do concello monfortino.

O concello solicitou á Consellería de Política social da Xunta de Galicia unha subvención para o desenvolvemento do Módulo de asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría dentro do Programa de acollida e inclusión social do colectivo inmigrante. Neste módulo de asesoramento técnico especializado en materias propias de estranxeiría, enmárcanse accións como a información, asesoramento e apoio nos trámites precisos para as autorizacións e renovacións de residencia, homologación de títulos, reagrupamentos familiares, nacionalidade e outras cuestións relacionadas coa normativa española en materia de estranxeiría.

Para o seu desenvolvemento, o Concello contratará especificamente a un asesor xurídico especializado, dende o mes de abril de 2024 e ata finais do mes de marzo de 2025. O acceso a este programa realizarase a través dos servizos sociais comunitarios municipais, solicitando cita previa coa traballadora social de referencia, no 982 416 541, que será a encargada de valorar a situación e realizar a derivación ó programa.

ÚLTIMAS

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...

Búscanse figurantes para a serie ‘LOBO’, rodada en parte no Courel e no Incio

Estas pasadas semanas graváronse xa partes da serie LOBO en escenarios do Courel e...

O BNG de Monforte anuncia que non participará nos actos institucionais do 8M organizados polo Concello

O Grupo Municipal do BNG de Monforte vén de anunciar que os seus concelleiros...

Novo corte da circulación ferroviaria Monforte-Ponferrada tras un problema coa catenaria

A circulación ferroviaria entre Montefurado e San Clodio, no tramo Monforte de Lemos-Ponferrada, atópase...