HomesociedadeQue acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, súmase as declaracións efectuadas polo presidente da FEGAMP, Alberto Varela, nas que denuncia que a Xunta de Galicia empeora o convenio das Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia (UMAD) e "segue sen cumprir os compromisos adquiridos de cobertura de xubilacións e de asunción do persoal sanitario, por parte da Consellería de Sanidade".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia (UMAD) e a Federación Galega de Municipios e Provincias manifestouse o malestar unánime dos trece concellos con UMAD “polo continuo incumprimento da Xunta de Galicia dos seus compromisos adquiridos dende 2022, polos que a Consellería de Sanidade cubriría de forma directa as vacantes de persoal sanitario das UMAD que se vaian producindo por motivo de xubilacións e que no prazo de 3 a 5 anos, a Consellería de Sanidade asumiría todo o persoal sanitario das UMAD”.

Nesta xuntanza avaliouse negativamente a proposta recibida dende a Xunta de Galicia para o novo convenio, “Ademais de seguir sen cubrir o total do custo agora a Xunta de Galicia pretende diferir o pagamento en dous prazos condicionados. Isto supón que os trece concellos con UMAD non só terían que financiar boa parte dun servizo que é competencia autonómica, sino que tamén terían que esperar máis tempo e realizar dúas xustificacións para poder recibir a contía económica dende a Xunta de Galicia”. De xeito unánime os trece concellos decidiron rexeitar a proposta que consideran empeora as condicións do convenio anterior.

A situación irregular da UMAD de Monforte

O Concello de Monforte conta con UMAD dende o ano 1.989, e nos últimos anos atravesa unha situación complicada motivada pola falta de psiquiatra dende hai 3 anos, “O Concello levou a cabo 2 procesos selectivos, logo de que a anterior psiquiatra pedira a excedencia no seu posto de traballo, en ningún deles logrou cubrirse a praza, xa que ningún médico quixo asumila”, sinala o alcalde.

Isto xerou un perxuizo para os usuarios do servizo, e tamén provoca unha carga física e emocional para os traballadores da UMAD de Monforte para dar resposta ás necesidades que presentan os pacientes. Dende o Concello aseguran que “estamos asumindo competencias que non son propias desta entidade municipal, xa que as competencias en sanidade correspóndenlle á Xunta de Galicia e estase facendo un considerable investimento económico para o mantemento desta UMAD, a fin de prestar o mellor servizo ós seus usuarios”.

Coa situación actual, moitos destes usuarios, por falta de psiquiatra, teñen que desprazarse a Lugo, debido a que o Hospital Comarcal de Monforte ten unha longa lista de espera neste servizo de psiquiatría, motivada pola falta de especialistas.

ÚLTIMAS

O Courel protesta pola ausencia de médicos

As protestas repetiranse o vindeiro mércores e ata que se solucione a situación, segundo...

Escultura en madeira con motoserra no IES A Pinguela

Eugenio Linares, asturiano e veciño de Tuiriz, no Concello de Pantón, realizou hai uns...

Diversidade e conciliación camiñando polos miradoiros de Sober

Redes Lilas agrupou a unhas 40 mulleres nunha andaina a través dos miradoiros do...

Esperta Monforte leva a pleno ampliar e mellorar a Biblioteca adquirindo o edificio da galería Sargadelos

Esperta Monforte considera que as instalacións da casa da cultura, e en particular da...