HomesociedadePublícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

O DOG publica este venres a declaración de utilidade pública de tres polígonos agroforestais. Destes novos polígonos, dous están situados nos concellos ourensáns de San Xoán de Río e Os Blancos, e o terceiro conta con terreos na Peroxa e tamén no municipio lugués de Carballedo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia para mobilizar 9.476 hectáreas. No seu conxunto, estes tres novos polígonos mobilizarán un total de 152,57 hectáreas, repartidas en 745 parcelas de 350 propietarios.

Así, o polígono de Cambela, no concello de San Xoán de Río, beneficiará 135 titulares de 301 parcelas, cunha superficie total de 97,36 ha; o polígono que abrangue terreos dos concellos da Peroxa, na provincia ourensá, e de Carballedo, na de Lugo, beneficiará 93 propietarios de 195 parcelas e terá unha superficie de 25,48 hectáreas.

Estes tres novos polígonos terán como actividade principal a gandaría en extensivo, dentro da aposta do Goberno autonómico por prever incendios forestais a través da xestión e a dinamización socioeconómica do territorio. Para potenciar a gandaría en extensivo como custodio do territorio, a Xunta potenciará dúas iniciativas para xestionar a biomasa a través de axudas específicas para o silvopastoreo e un piloto de manexo de gando propio.

Contando con estes tres novos polígonos agroforestais, en Galicia hai 33 iniciativas de mobilización de terras deste tipo en diferentes fases de execución, que supoñen a posta en valor de 9.476 hectáreas, distribuídas en 31.102 parcelas propiedade de 8.918 veciños.

Ligazón no DOG ao decreto do polígono no concello de San Xoán de Río

Ligazón no DOG ao decreto do polígono nos concellos da Peroxa e Carballedo

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...