HomesociedadeBóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O Concello de Bóveda construiría un miradoiro astronómico na Serra de Penas, preto do miradoiro do Alto do Coto. A actuación, que ten un presuposto de 30.000 euros, vai ser financiada por Turismo de Galicia a través dunha liña de axudas para a diversificación do turismo nos concellos de menos de 10.000 habitantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar o firmamento, na contorna doutro miradoiro existente paisaxístico que é o do Alto do Coto.

O alcalde, José Manuel Arias, explica que a implantación elixida, vén dada por dúas cuestións, “Por unha parte, a escaseza de oferta turística específica para este campo. E por outra, unha calidade imprescindible para poder practicar este tipo de observacións, que é a nula contaminación de luz do espazo no que se vai emprazar”.

O rexedor precisa que “con esta intervención preténdese ampliar e complementar a oferta turística do Concello de Bóveda, que suma así tres miradoiros, diferentes e complementarios”.

“As obras previstas teñen por obxecto acondicionar un miradoiro astronómico que permita ver e desfrutar da visión do firmamento contemplando todas as constelacións que se sitúan nesta latitude”, detalla.

O proxecto consiste na execución dunha plataforma de madeira a nivel do chan, de xeito que se facilita o movemento controlado das persoas sen risco de caídas, de noite e sen luz. Sobre esta plataforma colócanse tres cadeiras – tumbonas, que permiten sentarse para acadar unha posición de reclinación idónea para a observación do firmamento. Estas cadeiras teñen capacidade cada unha delas para dúas persoas.

A maiores, no medio da plataforma poderán instalarse os equipos de observación que van montados sobre trípode. Por outra banda, instalarase un cartel indicativo co planisferio correspondente a esta latitude. O prazo de execución das obras desde o seu comezo será dun mes.

Miradoiro Alto do Coto / José Camilo López

ÚLTIMAS

Novo parque infantil e zona de horto no colexio de Samos

O deputado de Rural e Mocidade, Daniel García, coñeceu no CEIP de Samos, as...

Os centros de ensino de Monforte levan a escea as súas pezas teatrais no mes de maio

O XXXII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte contará con...

Accidente múltiple en Sober por mor da saraiba

Dous vehículos chocaron e un terceiro saíuse da estrada este martes no municipio lucense...

Renfe reforza a conexión Galicia-Madrid con máis de 4.200 prazas extra para viaxar esta Semana Santa

Renfe oferta 4.200 prazas extra para a conexión entre Galicia e Madrid con motivo...