HomeMovementos sociaisO Concello de Castro Caldelas solidarízase coas preocupacións dos gandeiros

O Concello de Castro Caldelas solidarízase coas preocupacións dos gandeiros

O pasado sábado 17 de xaneiro visibilizaron as súas protestas nas rúas de Castro Caldelas e este luns 19 o concello facilitaralles un autofalante para que poidan explicar as súas preocupacións ante o Tratado de Mercosur á veciñanza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os gandeiros de Castro Caldelas, ao igual que moitos outros por toda Galicia, seguen na loita para que os seus intereses sexan respectados diante das consecuencias negativas que poida ter o inminente acordo da UE con Mercosur.

“Os gandeiros e gandeiras son xente traballadora, que aposta polo rural e que están formando as súas familias nun entorno de traballo e recuperación da Comarca”, refire a alcaldesa Sara Inés Veg, ao tempo que engade, “fixan poboación, manteñen o sector primario e están moi preocupados porque consideran que poden sair prexudicados polo acordo que está previsto asinarse. Piden que se lles escoite e se lles garanta a viabilidade da PAC, as condicións de producción e comercialización en igualdade de condicións e a contención e garantías ante a posibilidade de afectación das súas reses ante a dermatosis nodular”.

A Praza do Prado de Castro Caldelas e as rúas da vila foron o lugar elexido para reivindicar este sábado 17 de xaneiro e facer visible a súa loita durante toda a mañá. 

O Concello de Castro Caldelas solidarízase coas preocupacións devanditas. Neste senso, e para apoiar aos gandeiros e gandeiras da Comarca dándolle visibilidade ás súas reivindicacións, este luns día 19 –Festa dos Fachós– sobre as 18:00h poñerá ao seu dispor, coa presenza da Alcaldesa, un altofalante para que poidan explicar a veciños e visitantes os problemas que consideran que lles vai ocasionar este acordo da UE con Mecosur. Tamén farán un percorrido polas rúas da vila cós seus tractores.

INAUGURACIÓN DO ‘MUSEO DOS FACHÓS’

Este mesmo luns, ás 12:00 h. e dentro da programación da Festa dos Fachós, terá lugar a inauguración do ‘Museo dos Fachós’ nunha nova salá expositiva no Castelo-Fortaleza de Castro Caldelas.

ÚLTIMAS

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...