HomesociedadeRaizameS, un 'Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra' en Taboada

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

O evento está impulsado pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Concello de Taboada (ACIMTA) e celebrarase os días 10, 11 e 12 de maio. En palabras da organización "un encontro multidisciplinar onde se respira cultura, territorio, sabedoría local, artes e coñecemento".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do viño que se organizan na contorna. No encontro colócase o acento na compoñente humana como valor patrimonial de seu e é unha homenaxe e recoñecemento aos heroes invisibles da Ribeira, ás mulleres e homes que ata o día de hoxe manteñen viva a Ribeira Sacra, co seu traballo e a súa sabiduría. 

RaizameS tradúcese nunha chea de actividades: faladoiros e paneis de experiencias con voces expertas do mundo do viño, percorridos culturais polas parroquias de ribeira do Concello, visitas a viñas ou adegas, visionado de pezas audiovisuais, exposicións fotográficas, catas guiadas, degustación de viños, intervencións artísticas, música, danza, poesía, narración oral entrelazadas coas catas, e algunha pequena sorpresa máis… E tamén nun cruce de miradas artísticas, lúdicas, formativas e ata etnográficas.

EVENTO ABERTO A TODO TIPO DE PÚBLICOS

Os días 10, 11 e 12 de maio coincidirán en Taboada habitantes e foráneos, profesionais do sector do viño e aficionados, mocidade e xente vella, produtores e consumidores… E as actividades desenvolverase en diferentes puntos do concello de Taboada, coa Praza de Riazón convertida en Espazo Atmosfera Viño, como espazo central da convocatoria.

Ambiente en RaizameS 2023. Foto: Noa López Producións
Actividade infantil con Anxo Moure (2023). Foto: Noa López Producións.

En palabras da organización “un encontro multidisciplinar onde se respira cultura, territorio, sabiduría local, artes e coñecemento”. Evento, en definitiva, que busca a interacción, a participación activa, o intercambio entre a inquedanza e curiosidade das persoas visitantes e a sabedoría da xente autóctona.

RaizameS está apoiado economicamente pola Xunta de Galicia, Deputación de Lugo – VicepresidenciaDeputación de Lugo – TurismoConsorcio de Turismo,  e Concello de Taboada.

ÚLTIMAS

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...