HomesociedadeCadea humana en Chantada contra o acoso escolar

Cadea humana en Chantada contra o acoso escolar

O Concello de Chantada a través da Concellaría de Educación programa varias actividades para sensibilizar sobre acoso escolar e bullying.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves, 2 de maio (Día Internacional contra o Bullying e o Acoso Escolar), desde a Comandancia da Garda Civil en Lugo coa colaboración dun equipo de psicólogos, ofreceranse charlas nos colexios Xoán de Requeixo e Eloísa Rivadulla, destinadas ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria. Xa neste curso tense desenvolto unha actividade similar destinada, neste caso, ao alumndo dos IES Lama das Quendas e Val do Asma.

Para o venres, 3 de maio, desde a Concellaría de Educación organízase unha cadea humana na que participará o alumnado que acudiu a estas charlas. Daranse cita ás 12:00h. na contorna das piscinas municipais, “Tentamos achegar á poboación que o bullying e o acoso escolar non é só cousa dos centros de ensino. Estes comportamentos hai que atallalos desde o comezo e as familias xogan un papel fundamental. Queremos concienciar á cidadanía desta problemática e visibilizala”, destaca Belén Vázquez, concelleira de Educación.

Como complemento ás actividades desta semana, desde a Concellaría de Educación, prepárase unha mesa redonda na que participarán as ANPAS e orientadores dos centros de ensino de Chantada. “Estamos pendentes de pechar esta cita que terá lugar no Auditorio Municipal e na que nos gustaría darlles protagonismo a nais e pais, que participen cantas máis persoas mellor e que sexan conscientes de que seu fillo pode ser tanto o acosado como o acosador”, conclúe Belén Vázquez.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte demandará no pleno un plan de acción para os edificios ruinosos

Katy Varela, a voceira popular, explica que este é un problema “crecente” no municipio,...

Día da bici e das Letras Galegas no Colexio Novo de Monforte

As familias sairon en bicicleta cos seus nenos por un roteiro que partía do...

Por Chantada-IGV alerta dun novo catastrazo

Segundo Por Chantada nas dúas lexislaturas pasadas, o concello de Chantada recadou 600.000€ co...

A CHMS e o Concello de Quiroga realizarán melloras no túnel de Montefurado

A Confederación Hidrográfica do Miño Sil (CHMS) e o Concello de Quiroga investirán un...